martes, 24 de mayo de 2011

Unha nova ERA

Comeza unha nova era para min. Hoxe o mundo cambia e provoca o cambio da miña vida.

Hai tempo que penso igual que todos eles, moito tempo. Nunca tiven o valor que uns cantos tiveron para dicir : BASTA XA !

Hoxe, coma unha máis do movemento, dou a miña opinión. Digo que estou farta da corrupción, que estou farta de que nos convertan en escravos e de que non poidamos ter toda a liberdade de expresión que realmente merecemos. Pero tamén coma unha máis do movemento, atento contra nós. NÓS temos a culpa de que eles fagan o que queren coas nosas vidas. Nós temos a culpa por ser unha minoría os que estamos argallando unha revolución contra un sistema que non convence a maioría. Nós temos a culpa por non saber educar os nosos fillos na esperanza dun mundo no que a democracia sexa real e por inculcarlles que non hai nada que facer, que os nosos berros e as nosas loitas non significaran nada


Aínda así, pese a todas as nosas culpas e o que ocorreu nas elección do 22M, síntome en certo modo, orgullosa. Estou orgullosa de toda esa xente, que o igual ca min, atópanse indignados polo que sucede no noso país. Síntome orgullosa de que queden persoas que aínda permanecen cos ollos abertos, pese a que cerralos sexa moito máis cómodo.

Fotografía de Mateo Vieites. 19.05.2011; Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela